Condeado a cinco anos de cárcere o home que violou unha menor en Narón en 2017

A defensa do procesado alegou no xuízo ter un cociente intelectual baixo e non saber que o que facía estaba prohibido
tsxg-1200x900

A Sala do Civil e Penal do TSXG rexeitou o recurso presentado contra a sentenza ditada pola sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña que condenou a cinco anos de cárcere un home de 24 anos por abusar sexualmente dunha menor á que coñeceu nun pub de Narón en 2017.

Foi un 26 de febreiro dese ano cando moza foi achada vagando, a un quilómetro de Freixeiro, onde estivera cuns amigos nun pub. Forons uns policías locais de Narón os que ao percibir o estraño comportamento da moza avisaron á Policía Nacional. O home sospeitoso de cometer ese delito foi localizado as poucas horas e iniciouse entón unha investigación contra él.

Durante o xuízo na Audiencia da Coruña a defensa do acusado solicitara a súa libre absolución en base a un informe psicolóxico no que se recolle que o procesado ten un cociente intelectual baixo, argumentando que descoñecía que o que facía estaba prohibido. Tamén aseguraban que o home levaba inxerindo bebidas alcohólicas toda a noite (máis de seis “cubatas” de vodka e algúns “chupitos” no “botellón” do Cantón de Ferrol e outros bares), iso despois de asistir a unha celebración por bautizo, e que cando ocorreron os feitos atopábase en estado de intoxicación etílica.

Tralo recurso presentado polo acusado, agora o alto tribunal galego indica que son “elementos claramente acreditados” a embriaguez da vítima, o afastamento da súa contorna de amigos e a súa deambulación co acusado, así como a inexistencia no procesado de intoxicación etílica.

Na sentencia, o TSXG explica que «o procesado, perfectamente consciente da grave e evidente diminución da capacidade psicofísica da vítima en razón da súa embriaguez e sabendo que os seus amigos xa se foran do local, pretextó acompañala á súa casa mentres conduciuna a un escampado e onde, aproveitando o estado da menor e a acusada diferenza física entre ambos, bicouna, tocouna reiteradamente polo corpo (incluída a zona vaxinal), colocouse no chan encima dela e introduciu o
pene na súa vaxina, parcialmente ao obstaculizar un tampón que levaba a moza a penetración completa»

O Tribunal Superior reitera que a idea de que esas circunstancias, mediando alcol e substancias estupefacientes, se convertan «nunha sorte de todo vale» non se pode admitir, «pois aínda aceptando todo o escenario descrito, cabería afirmar, entón, que precisamente as circunstancias da menor facían tanto máis necesario un consentimento expreso».

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.