Cubrebocas solidarios “made in Narón”

Unha veintena de veciñas e veciños do concellos confeccionan estes complemento para repartir entre o persoal que traballo durante a crise

Unha vintena de veciñas e veciños de Narón realiza estes días cubrebocas que se entregan a través do equipo de voluntarios de Protección Civil de Narón. Unha iniciativa solidaria que conta coa colaboración de varios comercios de Narón que doaron o material preciso para realizar os cubrebocas, telas de algodón e filtros de polipropileno.

Na actualidade xa se realizaron uns 500, tal e como se indicou dende o Concello. O equipo traballa dende os seus domicilios e unha vez que ten unha certa cantidade de cubrebocas, específicos para homes e para mulleres, informa ao Concello para que Protección Civil se encargue de recollelos e entregalos. O reparto comezou na xornada de onte, cando se entregaron os primeiros a persoal voluntario de Protección Civil e de Cáritas Parroquial. Nos vindeiros días están programadas entregas a outros colectivos que os vaian necesitando, a medida que se confeccionan.

Os cubrebocas, reutilizables, son de algodón e teñen unha abertura na que vai un filtro de polipropileno para impermeabilizalos, entréganse unha vez lavados a alta temperatura e desinfectados. A entrega a Protección Civil por parte das persoas que as elaboran faise dentro de bolsas herméticas, para cumplir así garantías hixiénicas.

 

Salir de la versión móvil