O estudo naronés Carlos & María, galardoado na categoría de fotografía dos Wedding Awards 2020

O premio outórgase a aqueles que tivesen o maior número de opinións e as mellores cualificacións de cada sector
aniversario

O estudo de fotografía Carlos & María, de Narón, foi galardoado co Wedding Awards 2020
dentro da categoría Fotografa. Un gran recoñecemento para estes profesionais do sector das vodas que o acredita como un dos mellores provedores.

O portal Vodas.net, organizador dos premios, deu a coñecer o nome dos profesionais e as empresas que en 2020 alzáronse cun Wedding Award. O obxectivo deste galardón é recoñecer a excelencia no servizo ofrecido polas empresas do sector nupcial.

Os Wedding Awards danse ao 5% das empresas que obtiveron o maior número de opinións e as
mellores cualificacións de cada categoría entre máis de 47.000 empresas, tendo tamén en consideración a calidade e profesionalidade do servizo que ofrecen.

Por iso, o papel máis importante téñeno as parellas que, coas súas opinións e tras gozar dos servizos dos profesionais nas súas vodas, definen quen serán os gañadores. Precisamente por este motivo, este galardón converteuse nun referente no sector e nun selo de garantía para as parellas que, ano tras ano, organizan a súa voda.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.