Evacuado parte dun edificio de Freixeiro por un lume nunha campá extratora

A rápida intervención dos bombeiros de Narón evitou que o incendio se extendese polo resto da cociña
Intervención Speis

Emerxencias Galicia alertou este mediodía ao Speis de Narón sobre un incendio nunha cociña dun edificio localizado na rúa Manuel Murguía, na parroquia de Freixeiro. Á chegada dos bombeiros confirmaron que se estaba producindo un lume na cociña dun primeiro piso, polo que decidiron evacuar tanto aos inquilinos como ás persoas que se atopaban na planta superior, debido á propagación do fume polo exterior e que se introducía polas fiestras.

Os bombeiros de Narón lograron extinguir o lume derivado dunha campana extractora e posteriormente ventilaron a vivenda afectada, así como as escaleiras e o segundo piso do citado edificio.

Unha vez que comproban que non existían gases nocivos, os profesionais do Speis deron por finalizada a intervención, ofrecendo as pautas oportunas aos residentes nos inmobles para que regresen aos seus domicilios. A intervención rematou ás 14.32 horas e colaboraron os axentes da Policía Local de Narón.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.