A pasada noite rexistrouse na AC-566 -estrada de Cedeira-, sobre o punto quilométrico 3, á altura de Castro, un accidente dun turismo que terminou impactando contra unha vivenda. Según o atestado policial o vehículo saíuse da vía contra as 06.30 da madrugada ata que foi parar contra a edificación, resultando ferido un home de mediana idade.
O turismo impactou frontalmente contra o inmoble, un coche híbrido no que un dos principais riscos era a enerxía. Os profesionais do Speis de Narón que acudir ao punto estabilizaron o movemento do vehículo e activaron o control de enerxías do mesmo, ofrecendo unha primeira asistencia ao conductor que posteriormente valoran os servizos sanitarios que acudiron á zona. Colaboraron Urxencias Médicas e a Policía Local de Narón