Marián Ferreiro urxe á Xunta a establecer un protocolo para o próximo curso nos centros de ensino

A alcaldesa de Narón pídelle ao goberno galego concreción e prazos para reabrir as tres escolas infantís do municipio
galina_azul_mod

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, instou á Xunta de Galicia a “establecer as medidas oportunas para poder reabrir canto antes as escolas infantís”. A rexedora local animou ao portavoz popular do consitorio naronñes a “esixir á administración competente, que neste caso é a Xunta de Galicia e está gobernada polo PP, que autorice a reapertura das escolas infantís, ao ser da súa competencia, e ofrecer deste xeito ás veciñas e veciños non só de Narón senón de toda Galicia, un servizo básico para que poidan conciliar a súa vida persoal e profesional”.

Ferreiro recalcou que “dende o goberno local estamos en disposición de reabrir as tres escolas infantís municipais da cidade no momento en que a administración autonómica permita facelo e esperemos que a Xunta faga o propio coa escola infantil que xestiona en Xuvia”.

A maiores, dende Terra Galega presentarase ao pleno de finais deste mes, tal e como avanzou a rexedora local, unha moción na que se instrará á Xunta a elaborar un protocolo consensuado cos representantes da comunidade educativa para garantir a seguridade na volta ás aulas ante a crise da Covid-19 e no que se inclúan varias medidas encamiñadas a ese fin. “É imprescindible que as familias coñezan con tempo suficiente as medidas que se van a adoptar dende a administración autonómica en canto a aforo nas aulas, reforzo de persoal docente e medidas de protección contra a Covid-19 de cara ao inicio do novo curso escolar”, subliñou Ferreiro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.