Narón abre este xoves 22 o prazo de solicitude de axudas para os pago do abastecemento e saneamento no rural

O goberno local destinará unha partida de 40.000 euros para estes pagos das liquidacións tributarias entre os veciños con menos capacidade económica
naron rural

O Concello de Narón manterá aberto dende mañá e durante os vindeiros 15 días hábiles o prazo de solicitude de axudas para o pago das liquidacións tributarias de acometidas para abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros na zona rural.

Estas axudas, con cargo a unha partida de 40.000 euros, diríxense a familias con escasa capacidade económica, co fin de sufragar en parte o custe desas acometidas. O Concello subvencionará as acometidas realizadas con posteridade ao remate do prazo de solicitude de axudas convocadas dende o ano 2019 ata o último día do prazo de solicitude deste ano en novos tramos das parroquias de Castro, O Val, Pedroso e no solo de núcleo rural próximo á zona urbana, concretamente no lugar de Outeiro.

A maiores, tamén se subvencionarán as obras de acometidas que estando rematadas dentro do prazo de solicitude das axudas da convocatoria de 2019 quedaran pendentes de recibir a notificación da liquidación tributaria do importe deses traballos ao remate do prazo da citada convocatoria.

As axudas desta convocatoria poderán solicitalas propietarios de vivendas con escasa capacidade económica que houberan satisfeito ou deberan satisfacer (se solicitaron ou teñen concedido o fraccionamento de pago) o importe das taxas xeradas para conectarse á rede xeral de auga ou alcantarillado na zona rural especificada nesta convocatoria. Para poder obter a axuda é imprescindible que o beneficiario ou beneficiaria estea empadroado en Narón, na vivenda para a que solicita a subvención, tal e como figura nos requisitos.

As solicitudes pódense presentar dende mañá xunto coa documentación correspondente a través do modelo oficial do Concello na Sede Electrónica ou no Rexistro Xeral do Concello. Así mesmo, pódese consultar a información ao respecto tanto na web do Concello como a través da Sede Electrónica de Narón.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.