Narón potenciará as zonas verdes e xardíns a través do programa «Vilas en Flor Galicia 2020»

A iniciativa tamén contempla a concienciación ambiental a través e actividades e charlas nos colexios
Xardinería

O Concello de Narón vaise adherir ao programa “Vilas en flor Galicia 2020”, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega coa Asociación de viveristas de Galicia (Asvinor) e da Asociación Gallega de Empresas de Xardinería (Agaxear). “Trátase dun proxecto que aposta por poñer en valor os municipios galegos a través da calidade dos espazos verdes, unha área na que dende este Concello estamos traballando permanentemente no mantemento e tamén investindo novas partidas para ampliar e acondicionar estes espazos tanto na zona urbana como na rural”, explicou al alcaldesa Marián Ferreiro.

A través deste programa, concédense anualmente galardóns -chamados Flores de honor- ao municipios que leven a cabo as mellores accións para mellorar e potenciar os espazos verdes urbáns, a súa xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá. Esta mesma semana en Naron xa se pode ver nas inmediacións da glorieta de Freixeiro, xunto á Oficina de Turismo, o nome de Narón deseñado con plantas de buxo. Así mesmo, a alcaldesa informou que ao longo do ano, tanto dende o Concello como dende algunhas empresas concesionarias do mantemento de parques e xardíns organizaranse actividades e charlas nos colexios para concienciar á cidadanía sobre o medio ambiente.

No mes de setembro ou outubro, según indicaron, tres profesionais de recoñecido prestixio desprazaranse á cidade para decidir que galardón lle corresponde. Esta valoración, explicaron, realizarase atendendo a tres áreas: Patrimonio vexetal e paisaxístico, Medio ambiente e sostibilidade e Actividades sociais, explotación do turismo e comunicacións.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.