Narón asina tres convenios por valor de 30.000 euros con sendas entidades da comarca

As subvencións municipais para o Fondo Galego de Cooperación, AJE Ferrolterra e a Asociación de Comerciantes lles permitirá seguir desenvolvendo proxectos na zona
naron

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou hoxe tres novos convenios de colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Asociación Jóvenes Empresarios e a Asociación de Comerciantes de Narón. En conxunto, tal e como indicou, o Concello destinará unha partida global de 30.000 euros a estes acordos. A administración local renova deste xeito unha colaboración con estas tres entidades que se mantén dende hai varios anos.

No caso do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte Concello de Narón, Ferreiro explicou que o obxecto deste acordo é desenvolver un proxecto de axuda e emerxencia contra os impactos do coronavirus nos municipios mozambicanos, unha iniciativa de interese social de carácter singular, tal e como se contempla no documento. “A través deste proxecto tratarase de minimizar o número de persoas infectadas pola pandemia da Covid-19, traballando con nove municipios de Mozambique para combatir a pandemia mediante varias actuacións”, indicou.

Entre esas actuacións están, especificou, a adquisición de túneles de desinfección para os mercados e máscaras para as persoas vulnerables e os homes e mulleres que acuden ao mercado; de pulverizadores de presión hidráulica manual para pulverizar os transportes públicos e de carga e tamén de produto de pulverización. A maiores da achega económica contemplada neste convenio, o Concello de Narón tamén ofrecerá asesoramento técnico-administrativo do Servizo Sociocomunitario dirixido ao desenvolvemento dos programas.

O convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol, Eume e Ortegal aposta por promover e apoiar conxuntamente unha cultura emprendedora na cidade, neste caso a través do programa “Adiante Narón 2020”, dirixido a pequenas e medianas empresas e emprendedoras e emprendedores do termo municipal que teñen en mente desenvolver un proxecto e levalo a cabo.

Un dos obxectivos é “promover e fomentar a cultura empresarial e emprendedora no estudantado da bisbarra para estimular o autoemprego e contribuír a mellorar a actual situación económica”, tal e como se especifica no documento. Xornadas de concienciación sobre o autoemprego, sesións divulgativas, formación transversal… están entre as propostas desta iniciativa, á que tamén prestará asesoramento técnico-administrativo o Concello naronés.

O terceiro dos acordos rubricados, coa Asociación de Comerciantes de Narón, “permitirá continuar desenvolvendo campañas comerciais nas que dar visibilidade e dinamizar o sector na cidade, cunha ampla e variada representación”, explicou a alcaldesa. “Ao igual que en anos anteriores, esas campañas inclúen sorteos de agasallos ou entrega de regalos directos ou descontos cos que poder atraer clientela e, polo tanto, dinamizar ao mesmo tempo a economía local nunha época complicada tamén para este sector”, indicou Ferreiro.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.