Narón convocará unha acción formativa de preparación en Competencias Clave

Será de nivel 2 e desenvolverase durante os meses de mayo e xuño no centro municipal de formación

O Centro de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acollerá entre os meses de abril e maio un curso de preparación de Competencias Clave nivel 2. A edil responsable da área, Natalia Hermida, recordou que á hora de realizar esta convocatoria terán prioridade as persoas inscritas nas probas de avaliación en Competencias Clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación convocados a través da Xunta de Galicia.

Esa convocatoria da administración autonómica mantén na actualidade aberto –e ata o vindeiro 20 de marzo- o prazo de inscrición, tanto no nivel 2 como 3, debendo inscribirse as persoas interesadas preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na Sede Electrónica da Xunta.

Hermida avanzou que a previsión en Narón é abrir o prazo de inscrición no curso prepatatorio de Competencias Clave nivel 2 –Matemáticas, Lingua española e Lingua galega- o día 8 de abril. Ao estar previsto iniciar o curso o 24 de abril e rematalo o 15 de maio, xusto o día seguinte, o 16, poderían presentarse ao exame que a Xunta convocou en Silleda para aprobar as competencias clave de nivel 2 e 3, válido para acceder aos niveis de profesionalidade 2 e 3.

Salir de la versión móvil