Narón coordina a aplicación das novas medidas anti Covid-19 no complexo Polideportivo da Gándara

A alcaldesa Marián Ferreiro mantivo unha reunión coas áreas do Speis e Deportes
Reunión coordinación

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu unha reunión de coordinación para a aplicación das novas medidas restrictivas ao protocolo do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara, na que tamén estiveron presentes os edís responsables do Speis e Deportes, Román Romero e José Oreona, respectivamente, persoal do Speis e tamén do polideportivo da Gándara. No transcurso da xuntanza concretáronse as medidas que se levarán a cabo para acollerse á normativa que entra en vigor esta madrugada, ás 00.00 horas.

A alcaldesa indicou que se manteñen as sesións de nado libre, ben con cita previa, chamando ao teléfono 981 387 522, ou sen cita condicionadas a que nese momento o aforo o permita, cuestión que indicará o persoal do Complexo Polideportivo da Gándara. En canto aos cursos de natación Ferreiro avanzou que se suspenderán esta fin de semana, tal e como se comunicou ás persoas que acuden, á espera de que persoal da Consellería de Sanidade resposte ás cuestións que se plantexaron dende o Concello sobre esas actividades. “Debido a que tentamos, sen éxito, solventar certas cuestións, preferimos por prevención suspender tanto os cursos de natación, que se retomarán en canto nos informen sobre as preguntas formuladas e así se comunicará oportunamente”, recalcou.

A rexedora local recordou que o resto de medidas preventivas para evitar a propagación da Covid-19, como o uso de máscara, mantemento de distancia de seguridade interpersoal, hixienización de mans… continúan vixentes, ao igual que as de aforo, entre outras debidamente recollidas no protocolo e anunciadas nas propias instalacións municipais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.