Narón desinfecta diariamente 10.000 metros cadrados de parques infatis e biosaudables

A recomendación do concello é que non se fagan uso destas instalacións antes das 11.00 horas, xa que é cando remata o turno de limpeza

O Concello de Narón reabriu o pasado 15 de xuño os parques infantís e biosaudables da zona urbana e rural seguindo as indicacións das autoridades sanitarias para este tipo de espazos. Dende entón, cada día, incluídas as fins de semana e os festivos, operarios da empresa de mantemento destes espazos realiza a diario a desinfección duns 10.000 metros cadrados que suman o total das superficies. “Este traballo lévase a cabo en corenta e seis parques infantís e a vintena dos biosaudables localizados nos barrios e parroquias da cidade”, explicou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla.

As tarefas de limpeza realízanse cada día entre as 7.00 e as 11.00 horas polo que, tal e como recalcou o concelleiro de Servizos, “é moi importante que ninguén acceda ao recinto dos parques infantís ou biosaudables antes das 11.00 horas, por motivos de seguridade”.

O procedemento establecido para a desinfección, según indicou, é desinfectar cun deterxente biocida e atomizadores de mochila e, unha vez á semana, realízase a misma tarefa pero cunha mistura de auga e lixivia, seguindo as recomendacións para este tipo de instalacións.

 

Salir de la versión móvil