Narón fará entrega dos diplomas dos catro cursos do Programa de Formación Municipal

Un total de 53 persoas serán as que reciban estes títulos, cuxa achega non se fará de maneira conxunta senón individualizada para evitar riscos sanitarios

A concellería de Formación de Narón adiantou esta mañá que nos vindeiros días entregaranse os diplomas correspondentes a catro cursos do Programa de Formación Municipal: Prevención de riscos laborais -nivel básico-, Prevención de Riscos Laborais no sector naval e Medio ambiente Naval, Operador/a carretilleiro/a e operador/a PEMP -UNE- e Prevención de riscos laborais para traballos en altura e en espazos confinados.

“En total, serán 53 as persoas que reciban os seus diplomas por rematar con éxito estas accións formativas, que se impartiron entre os meses de xullo e agosto e que, en conxunto, suman casi 200 horas de formación”,  asegurou a edil responsable, Natalia Hermida.

Entrega de diplomas individualizada

A edil naronesa explicou que debido á actual situación de alerta sanitaria pola Covid-19 a entrega institucional dos diplomas non se fará de maneira conxunta. Porén, dende o Centro Municipal de Formación avisarase ao alumnado para informalo e posteriormente estes poidan pasar a recollelos nas citadas instalacións da Gándara, a donde deberán acudir con máscara e cumprindo todas as medidas sanitarias de prevención do coronavirus.

Un total de 11 persoas recibirán o diploma do curso de “Prevención de riscos laborais -nivel básico-, 16 o de Prevención de Riscos Laborais no sector naval e Medio Ambiente no naval, 12 o de Operador/a carretilleiro/a e operador/a PEMP -UNE- e xa os 14 restantes o de Prevención de riscos laborais para traballos en altura e en espazos confinados.

Salir de la versión móvil