Narón habilitará un dos carrís da estrada da Trinchera para os viandantes

Tamén se pecharán ao tráfico varios viais de Río do Pozo durante a fin de semana para favorecer a práctica deportiva
trinchera

O Concello de Narón anunciou a posta en marcha, dende hoxe, dunha serie de medidas encamiñadas a garantir a seguridade cidadá no proceso de desescalada. Unha delas será o peche á circulación rodada dun dos carrís da estrada da Trinchera (FE-11), que permanecerá reservado para o tránsito de peóns, o que permitirá incrementar a seguridade na zona.

Outra das medidas, a aplicar a partir de mañá, é o corte á circulación rodada os sábados e domingos de varios viais localizados no sector IV do polígono de Río do Pozo para fomentar nesa zona a práctica deportiva. Eses cortes viarios estarán debidamente sinalizados.

Ademais, desde o Concello recordan a recomendación de pasear polas beirarrúas do marxe dereito, no sentido da circulación, evitando así que se crucen persoas durante o percorrido e tamén que teñan que baixar ou cambiar de beirarrúa para evitar posibles aglomeracións que poidan favorecer a transmisión da Covid-19

“A Policía Local continuará realizando os controis oportunos para velar polo cumprimento de todas as indicacións vixentes nesta crise sanitaria e iniciarán un plan de control específico para vixiar as zonas con maior afluencia de persoas e evitar aglomeracións e incumprimentos das medidas anunciadas para as sucesivas fases da desescalada”, subliñou a alcaldesa Marián Ferreiro.

 

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.