Narón implanta un protocolo de seguridad para acceder ao centro de saúde

O recibidor do Auditorio servirá de sala de espera para os pacientes que teñan cita, co fin de evitar aglomeracións

O Concello de Narón puxo hoxe en marcha un novo protocolo de acceso ao centro de saúde do Alto co fin de “evitar a concentración de pacientes no centro sanitario”. A medida xa se está comunicando telefonicamente ás persoas que chaman solicitando cita.

O protocolo a seguir é dirixir aos pacientes con probas programadas ao recibidor do Auditorio municipal, na Praza de Galicia, accedendo por unha porta lateral e donde as recibe un responsable do centro de saúde, que vixía o cumprimento das medidas establecidas. Unha vez no Auditorio, persoal sanitario cun listado das citas vai recibindo aos pacientes e tamén se lles proporciona mascarilla, no caso de que non leven, e solución hidroalcohólica. Desde o centro de saúde vaise indicando cantos pacientes poden ir entrando polo acceso ubicado tamén na Praza de Galicia. No caso de que os pacientes precisen esperar algún resultado, unha vez que saen do centro sanitario teñen que regresar ao Auditorio, donde esperarán de novo a que os chame persoal do centro de saúde.

A través deste protocolo tamén se estableceu o número de persoas que poden permanecer en cada planta do centro de saúde, que son 42 atendendo á distribución. “Os asentos e zonas de bancos están debidamente sinalizados, para que os pacientes saiban donde poden sentarse gardando as distancias de seguridade”, apuntou a alcaldesa Marián Ferreiro. A maiores, no protocolo realizado polo Concello delimitouse unha escaleira para subida de persoas e outra para baixada, para evitar aglomeracións en espazos reducidos e tamén se sinalizaron os corredores que só se poden utilizar nunha dirección.

“Solicitamos a máxima colaboración para que tanto o persoal que traballa con este protocolo, sanitario e Protección Civil, como os propios pacientes, dispoñan de todas as garantías precisas para evitar a propagación da Covid-19”, recalcou a alcadesa.

Salir de la versión móvil