Narón impulsará un proxecto para elaborar un inventario de emisións de referencia de CO2

O Concello tamén quere poñer en marcha un segundo plan de compostaxe doméstico para promover a reciclaxe
DJI_0005 (1)

O Concello de Naron vén de solicitar á Consellería de Medio Ambiente dúas subvencións por un importe conxunto de 28.522 euros para materializar na cidade dous proxectos: un deles consiste na implantación e seguemento dunha campaña de compostaxe domiciliaria para promover a reciclaxe en orixe, e a outra é para elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES) do Concello, tras adherirse ao Pacto de alcaldías para o clima e a enerxía sostible.

A campaña de compostaxe domiciliaria se trata dun proxecto “a través do que se impulsarán actuacións destinadas ao tratamento “in situ” dos bioresiduos de orixe domiciliaria, dirixida a un centenar de persoas, tanto particulares como grandes xeradores”.  O proxecto, valorado en 18.022 euros, desenvolveríase en varias fases, comezando pola realización dunha campaña de sensibilización e difusión de material informativo para, a continuación, seleccionar aos participantes, ofrecerlles información e entregar os kits de compostaxe, que serían 100 unidades de composteiros e outras tantas de aireadores, termómetros e caldeiros. Posteriormente realizaríanse controis “porta a porta” para levar a cabo unha campaña de seguemento que se completaría con asesoramento telefónico continuado durante a duración da mesma.

A segunda das subvencións solicitadas á Consellería de Medio Ambiente, de 10.500 euros, destinaríase a elaborar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que a través de diferentes fases permitiría redactar un inventario de emisións de referencia de CO2 e analizar os riscos e vulnerabilidades, propoñendo actuacións acordadas con diferentes departamentos. “Os consumos enerxéticos do Concello reducíronse considerablemente nos últimos anos, e continuamos traballando nesa mesma liña, implantando a tecnoloxía led tanto na zona urbana como no rural para reducir a emisión de CO2 á atmósfera e, ao tempo, reducir gastos de mantemento e consumo”, recalcou a alcaldesa Marián Ferreiro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.