Narón modificará no próximo pleno a ordenanza de terrazas para «apoiar ao sector hosteleiro»

Entre os cambios que se contemplan está a ampliación do espazo ocupado de vía e novos horarios de atención ao público
102_504070748

O goberno local de Narón presentou hoxe na Xunta de Portavoces as modificacións plantexadas á Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería, encamiñadas a paliar os efectos negativos da crise da Covid-19 no sector. A alcaldesa Marián Ferreiro explicou que con estes cambios pretenden «apoiar ao sector hostaleiro da cidade ante esta situación excepcional, priorizando o cumprimento de todas as garantías de seguridade en base aos pertinentes informes técnicos”.

En canto á instalación provisional de terrazas en zonas de aparcamento, deberán situarse preferentemente na fronte da fachada do edificio e poderán rebordar a lonxitude do establecemento cos informes pertinentes, respectando o acceso a portais, escaparates, vitrinas de comercios e garaxes. Tamén para estes casos se contempla a necesidade de instalar unha tarima ao mesmo nivel que a beirarrúa e según a pendente existente e delimitarase a zona ocupada con elementos de protección opacos.

Así mesmo, para aqueles casos nos que se queira ampliar a superficie de terrazas xa autorizadas ou instalar novas terrazas en espazos libres privados ou públicos peonís, poderase facer nos locais nos que o emprazamento o faga posible, cumprindo as medidas de distanciamento social e deixando pasos peonís, tal e como se recolle nas modificacións plantexadas.

A alcaldesa explicou que, a maiores, se plantexa a implementación dunha serie de medidas excepcionais que estarían en vigor durante a vixencia da aplicación da disposición transitoria actual. Entre as mesmas figura a posibilidade de instalar unha TV en cada terraza ata as 23.30 horas sen sistemas de amplificación do son; funcionar ata as 01.30 horas da madrugada ata o mes de setembro, incluído, e de outubro a decembro ata as 23.30 horas, excepto as noites do venres a sábado e de sábado a domingo, así como as vésperas de festivos, que poderán abrir ata as 01.00 horas. A partir da hora límite de funcionamento non se poderán servir máis consumicións e o recinto das terrazas deberá quedar baleiro no prazo máximo de trinta minutos.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.