Narón modificará no próximo pleno a ordenanza de terrazas para “apoiar ao sector hosteleiro”

Entre os cambios que se contemplan está a ampliación do espazo ocupado de vía e novos horarios de atención ao público

O goberno local de Narón presentou hoxe na Xunta de Portavoces as modificacións plantexadas á Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalería, encamiñadas a paliar os efectos negativos da crise da Covid-19 no sector. A alcaldesa Marián Ferreiro explicou que con estes cambios pretenden “apoiar ao sector hostaleiro da cidade ante esta situación excepcional, priorizando o cumprimento de todas as garantías de seguridade en base aos pertinentes informes técnicos”.

En canto á instalación provisional de terrazas en zonas de aparcamento, deberán situarse preferentemente na fronte da fachada do edificio e poderán rebordar a lonxitude do establecemento cos informes pertinentes, respectando o acceso a portais, escaparates, vitrinas de comercios e garaxes. Tamén para estes casos se contempla a necesidade de instalar unha tarima ao mesmo nivel que a beirarrúa e según a pendente existente e delimitarase a zona ocupada con elementos de protección opacos.

Así mesmo, para aqueles casos nos que se queira ampliar a superficie de terrazas xa autorizadas ou instalar novas terrazas en espazos libres privados ou públicos peonís, poderase facer nos locais nos que o emprazamento o faga posible, cumprindo as medidas de distanciamento social e deixando pasos peonís, tal e como se recolle nas modificacións plantexadas.

A alcaldesa explicou que, a maiores, se plantexa a implementación dunha serie de medidas excepcionais que estarían en vigor durante a vixencia da aplicación da disposición transitoria actual. Entre as mesmas figura a posibilidade de instalar unha TV en cada terraza ata as 23.30 horas sen sistemas de amplificación do son; funcionar ata as 01.30 horas da madrugada ata o mes de setembro, incluído, e de outubro a decembro ata as 23.30 horas, excepto as noites do venres a sábado e de sábado a domingo, así como as vésperas de festivos, que poderán abrir ata as 01.00 horas. A partir da hora límite de funcionamento non se poderán servir máis consumicións e o recinto das terrazas deberá quedar baleiro no prazo máximo de trinta minutos.

 

Salir de la versión móvil