Narón presenta alegacións ao Plan de Transporte Metropolitano reclamando que a Xunta asuma os custos de instalación e mantemento das paradas

O goberno local considera que os Concellos xa costean "suficientes" infraestuturas e servizos do transporte urbano
2020090323414795174

A concelleira de Transportes, Mar Gómez, informou da remisión dende o Concello esta mañá á Xunta de Galicia das alegacións presentadas ao convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Transporte Metropolitano de Galicia na área de Ferrol.

A edil indicou que a alegación consiste na solicitude á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta da exclusión do parágrafo no que se contempla que os concellos participantes “asumen o compromiso expreso de instalación, mantemento e conservación das infraestruturas, marquesinas e postes de parada executadas con base neste ou anteriores convenios para a implantación de sistemas de transporte metropolitano ou subministrados pola Xunta de Galicia”.

Gómez incidiu en que “a administración autonómica debe asumir ese compromiso e non os concellos, porque nos últimos anos, dende o último acordo de 2010, os concellos asumen os gastos de conservación e mantemento de instalacións”.

Así mesmo, recalcou ao respecto que “a administración local xa asume os gastos de instalación, conservación e mantemento de marquesinas de transporte escolar en viais municipais do termo municipal, destinando cada ano unha partida económica a este fin, polo que entendemos que no que respecta ao transporte metropolitano estas actuacións debe asumilas economicamente a Xunta de Galicia”.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.