Narón reforza a vixilancia policial para erradicar os vertedoiros incontrolados

Desde o Concello recordan que a ordenanza municipal contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”
vertederonaron

O Concello de Narón reforza a vixilancia policial co obxectivo de erradicar a proliferación dos vertedoiros incontrolados. A concellería de Seguridade Cidadá coordinará as tarefas co fin de evitar este tipo de condutas incívicas e impoñerlles as pertinentes sancións, estipuladas na normativa municipal, para este tipo de accións.

“Dende o Concello de Narón impulsamos varias campañas medioambientais co fin de concienciar á poboación sobre a necesidade de respectar e coidar o noso entorno, pero lamentablemente atopamos condutas que incumpren a normativa e que continuaremos controlando dende a Policía Local para que as persoas que depositan os residuos en puntos non autorizados para ese fin paguen a sanción que lles corresponda”, apuntou o edil da área Román Romero.

A ordenanza municipal contempla sancións de ata 3.000 euros para os casos calificados como “moi graves”, que valora a Policía de Medio Ambiente, pero os expedientes que se tramitan a través da lei autonómica de residuos, remítense á Xunta de Galicia –ao non ser competencia municipal- e as sancións poden superar os 30.000 euros.

Romero recordou que que o Concello xa reabriu as instalacións do Punto Limpo municipal de Río do Pozo (operativo de luns a venres, en horario de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas e os sábados de 9.00 a 14.00). A maiores, dende o pasado día 19 deste mes retomou a súa actividade o servizo de recollida de enseres, co que se pode concertar a recollida chamando ao número de teléfono: 981 391 074.

“É moi importante que todas e todos nós cumpramos coa normativa para evitar a proliferación de vertedoiros incontrolados no noso termo municipal, polo que apelamos á colaboración cidadá para que faga uso das instalacións e dos servizos municipais á súa disposición para manter a nosa cidade libre de vertedoiros incontrolados”, subliñou o edil de Seguridade Cidadá.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.