Narón substituirá 430 puntos de luz cunha subvención do Fondo Rexional Europeo para proxectos sostibles

As novas luminarias permitirán acadar un aforro enerxético do 75% e mellorar os índices de iluminación
naron243

Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu ao Concello de Narón unha subvención para cofinanciar un proxecto de mellora do alumeado público na cidade valorado en 283.295 euros. O goberno local solicitou esta subvención ao Ministerio de Transición Ecolóxica, no marco do programa operativo Feder de crecemento sostible 2014-2020 para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono.

A financiación con cargo a fondos europeos será dun total de 226.636 euros -programa Feder- e o Concello aportará os 56.659 restantes. En total, con cargo ao proxecto de mellora do alumeado público da cidade substituiranse 430 puntos de luz ubicados en áreas de interconexión entre zonas industriais e zonas urbanas, así como viais de acceso xeral entre núcleos.

A actuación levarase a cabo en nove cadros de mando, localizados en vías de acceso dos tres polígonos industriais da cidade, os da Gándara, Río do Pozo e As Lagoas: na estrada da Gándara, na rúa Ferrol-traseira do colexio Santiago Apóstol, en Cornido, na zona de Outeiro-Piñeiros, nas inmediacións da glorieta do polígono da Gándara xunto ao ramal da AP-9 cara ao Couto, na estrada superior á urbanización do Couto, no polígono das Lagoas, en Río Seco, no vial de acceso a Río do Pozo, e no propio vial de acceso a Río do Pozo.

“Os equipos de iluminación actualmente instalados neses puntos substituiranse por uns novos de tecnoloxía led, o que nos permitirá acadar en conxunto un aforro enerxético do 75% e mellorar considerablemente os índices de iluminación, reducindo ao mesmo tempo a contaminación lumínica e ofrecendo unha maior seguridade pública e viaria”, tal e como recalcou a alcaldesa Marián Ferreiro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.