Narón terá xeolocalizadas tódolas fogueiras privadas desta noite de San Xoán

O Concello desenvolveu un proxecto para ter controlados todos os lumes e acortar o tempo de reacción dos bombeiros en caso dalgún incidente
Xeolocalización fogueiras San Xoán

O concello de Narón traballou durante a pasada semana nun proxecto para xeolocalizar cada unha das comunicacións recibidas no Concello para realizar fogueiras nesta noite de San Xoán. A finalidade deste labor, pioneiro, é ter perfectamente localizadas cada unha das fogueiras que arderán esta noite na cidade, o que facilitará considerablemente o traballo dos servizos de emerxencia no caso de que se requira a súa presencia por algún incidente.

Os datos están rexistrados a través da tecnoloxía Arcgis, coa que o Concello, en colaboración coa empresa Abtemas, realizou un traballo similar durante o estado de alarma para entregar cubrebocas entre a veciñanza da cidade. “Trátase dunha plataforma moi útil para diferentes departamentos municipais e coa que levamos varios meses traballando”, recordou a alcaldesa Marián Ferreiro, que incidiu en que “os datos están totalmente protexidos conforme o require a lexislación vixente e non son públicos”.

No caso das comunicacións das fogueiras, persoal do Speis pode acceder entrando na plataforma á ubicación exacta, coa referencia catastral e unha persoa e teléfono de contacto de cada unha das fogueiras, tal e como se comunicou ao Concello. Ante calquera posible incidencia os bombeiros de Narón localizarán en cuestión de segundos no mapa a fogueira e os datos do seu responsable, unha tarefa que resulta imprescindible para minimizar riscos ao acortar tempos e que na zona rural, cunha maior dispersión e donde se rexistran a maior parte das comunicacións, facilita moito o desprazamento dos profesionais do servizo.

 

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.