Narón xa repartiu máis de 15.000 cubrebocas entre veciños e comerciantes

Pódense solicitar chamando ao número de teléfono 647 622 245 para seren entregadas a domicilio

O persoal voluntario de Protección Civil e axentes da Policía Local entregaron, dende a entrada en vigor do estado de alarma, uns 15.000 cubrebocas e mascarillas de diferentes modelos entre as veciñas e veciños da cidade. O reparto do material levouse a cabo en domicilios particulares e en varios establecementos de alimentación da zona urbana da cidade –O Alto, Freixeiro, A Gándara, Santa Icía- e tamén na zona rural –O Val, San Mateo-, entre usuarias e usuarios do transporte público, os traballadores e traballadoras dos polígonos industriais e nos controis por estrada.

O Concello habilitou, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, un servizo de entrega de cubrebocas a domicilio, atendido por persoal de Protección Civil e persoas que colaboran a título particular, que se pode solicitar chamando ao número de teléfono 647 622 245, dende donde hai que facilitar unha serie de datos –número de integrantes da unidade familiar, dirección- e se concertará unha data de entrega para que Protección Civil se desprace a entregalas.

Os cubrebocas realizános mulleres e homes voluntarios con material doado por empresas e particulares e a través de Protección Civil coordínase a entrega diaria do mesmo, a través da campaña municipal “Usando o cubrebocas eu protéxote, ti protéxesme”, para promover a autoprotección da veciñanza. Os cubrebocas están realizados con telas de algodón e levan incorporado un filtro de polipropileno para impermeabilizalos. Ao poder lavarse a unha temperatura de 60 graos, son de máis dun uso, tal e como recordou a alcaldesa.

 

Salir de la versión móvil