O Cine de Verán de Narón remata esta semana coa proxección das películas “Pinocho 3000” e “Donkey Xote”

O Concello puxo en marcha este programa o pasado día 2 de xullo chegando a tódalas parroquias do municipio con oito películas
Donkey Xote
Donkey Xote

As parroquias do Val e San Mateo acollerán mañá xoves e o venres, respectivamente, as dúas últimas proxeccións do programa Cine de Verán. A primeira cita será mañá, no Centro Cívico Social do Val, donde se poderá ver a película “Pinocho 3000”, ambientada no ano 3000 e protagonizada por un neno robot do futuro, Pinocho, que aspira a convertirse en humán e que vivirá numerosas aventuras acompañado sempre polo seu mellor amigo, o pingüino Spencer.

Na xornada do venres, día 24, o cine trasladarase á parroquia de San Mateo, concretamente á pista polideportiva, donde se proxectará “Donkey Xote”. Neste caso será un burro que quería ser cabalo, chamado Rucio, o que conte a historia de Don Quijote, destacando a súa intelixencia e paixón, do seu compañeiro, Sancho, o home máis rico do seu pobo e tamén do cabalo Rocinante, iniciando unha viaxe na que se revelará a verdadeira identidade de Dulcinea.

As proxeccións darán comezo ás 22.30 horas e será obrigatorio o cumprimento das medidas sanitarias. O Padroado da Cultura de Narón e a Deputación da Coruña coorganizaron un ano máis esta convocatoria, que se iniciou o pasado 2 de xullo e rematará este venres. En total, na zona urbana e rural da cidade proxectaranse oito películas no marco deste ciclo de cine.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.