A pedagoga Anabel Mosquera impartirá mañá unha charla sobre “O xogo con apostas” no colexio Virxe do Mar. A convocatoria será ás 17.30 horas e diríxese a familias de alumnas e alumnos dos centros Santiago Apóstol, A Gándara, Ayala, A Solaina e Virxe do Mar. A iniciativa enmárcase no programa municipal “Fóra de Xogo”, impulsado a través da Concellería de Mocidade, que dirixe o edil Pablo Mauriz, e conta coa colaboración da concellería de Ensino, presidida por Mercedes Taibo.
A segunda convocatoria desta charla será o 10 de marzo no IES Terra de Trasancos, para alumnado dos colexios Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos.
As familias que asistan á convocatoria recibirán información sobre os riscos de determinados tipos de conductas adictivas e como poder detectalas, para así evitar os riscos que supoñen, cada vez en idades máis temperás na sociedade actual. Así mesmo, terán a oportunidade de preguntar á profesional que impartirá a charla as cuestións que consideren oportunas sobre este tipo de condutas.