O Concello de Narón axiliza a entrada aos centros escolares dos alumnos de Infantil ata terceiro de Primaria

Actualizouse a aplicación "Pegadas" para evitar aglomeracións nos puntos de controis dos colexios
27368265_2004514193139309_4821933776656824907_o

Os Camiños Escolares Seguros, nos que traballa o equipo de Educación Viaria de Narón, contan na actualidade cun novo sistema para axilizar o acceso aos centros educativos do alumnado de Infantil ata terceiro curso de Primaria. Así o explicou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, que apuntou que se detectou que ao realizar o “check point” nos equipos instalados entrada dos colexios do programa “Pegadas” se ralentizaba a entrada dos menores, que seguen un protocolo específico agardando nunha cola para levar a cabo entradas paulatinas e evitar aglomeracións.

Co fin de axilizar a entrada dos menores, incorporouse á aplicación móbil “Pegadas” unha opción –polo momento operativa no sistema Android– que evita que teñan que rexistrar o acceso coas pulseiras do programa, podendo facelo directamente as nais e pais ao premer ese botón, opción que tamén está operativa na web do programa: pegadas.naron.es. “Evitamos deste xeito que pasen a pulsera e a través da aplicación xa se suman as “Pegadas” diarias, que poderán canxear por agasallos ao remate do curso escolar, unha iniciativa que queremos agradecer tamén á empresa que fixo posible esta modificación na APP”.

Romero valorou a implicación das directivas dos centros en xeral e das familias en particular para que “un ano máis este programa sexa un éxito de participación”. O edil recordou que xa está implantado en todos os centros de ensino da zona urbana excepto os da Gándara e Santiago Apóstol, donde se está ultimando esa implantación para este mesmo curso.

Dende o Equipo de Educación Viaria de Narón remitirase unha comunicación aos centros e ás familias na que lembran polo miúdo o funcionamento dos Camiños Escolares Seguros. Ante calquera posible incidencia no sistema pódese avisar aos responsables do equipo de Educación Viaria, chamando aos teléfonos 666 438 222 ou 600 448 730 ou escribindo ao correo electrónico: [email protected].

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.