O Concello de Narón destinará 48.000 euros á demolición de dúas vivendas ruinosas localizadas en Xuvia

O estado do inmoble, que actualmente atópase asegurado con andamios, supón un perigo para viandantes e vehículos, explicou o goberno local
Vivendas Xuvia

O Concello de Narón habilitou unha partida de 48.278 euros para proceder á demolición de dúas edificacións ruinosas localizadas en Xuvia. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, explicou que trala realización dos trámites oportunos, que levaron á incoación do expediente de declaración de ruina dos inmobles localizados nos números 899 e 901 da estrada de Castela –no cruce de confluencia coa estrada de San Xiao- o goberno local culminará un proceso que permitirá solventar definitivamente unha problemática localizada na zona.

A titularidade das dúas casas osténtaa un grupo inmobiliario que se atopa actualmente no procedemento de execución de títulos xudiciais e para o que resultaron infructuosas as notificacións realizadas, tal e como se indicou dende o Concello. Por este motivo, explicou Ferreiro “ao declararse en situación de ruina debido ás condicións que presentan as edificacións e ordenarse a súa demolición, o Concello procederá á execución subsidiaria, atendendo á normativa establecida para este tipo de casos, que contempla a esixencia dos gastos, unha vez realizados os traballos, ao titular dos inmobles”.

No expediente realizado dende o Concello constátase que debido ao mal estado de conservación dos dous inmobles e á posibilidade de que isto afecte a edificacións colindantes e á propia vía pública, “é preciso actuar de inmediato para evitar que o proceso se demore no tempo, que as vivendas sigan deteriorándose e poida haber maior risco de derrumbe”.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.