O Concello de Narón e AJE presentarán este venres unha nova edición do programa “Adiante Narón 2020”

Seleccionaranse dez ideas emprendedoras para tutorizalas e lograr que se convirtan en proxectos de éxito
Foto de arquivo de Luis González, presidente de AJE e Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón
Foto de arquivo de Luis González, presidente de AJE e Marián Ferreiro, alcaldesa de Narón

O Concello de Narón e a Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra organizan unha nova edición do programa “Adiante Narón 2020”, dirixido a emprendedores e emprendedoras e tamén a empresas de Narón. O vindeiro venres, día 23, terá lugar o acto oficial no que se dará a coñecer esta proposta. A cita será ás 10.00 horas no Café Teatro do Pazo da Cultura, sendo preciso inscribirse previamente na dirección: [email protected] debido ás restricións de seguridade impostas pola actual situación sanitaria. Co fin de dar cumprimento ás medidas preventivas establecidas pola Covid-19 este acto emitirase por YouTube, para que poidan acceder á información todas as persoas que o desexen.

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recordou que o programa se enmarca no convenio de colaboración que anualmente asinan o Concello e AJE Ferrolterra. O programa constará de catro formacións transversais, ás que poderán asistir emprendedores e empresarios que desexen mellorar os seus coñecementos no desenvolvemento empresarial ou a comercialización e comunicación dos seus produtos e servizos. A maiores, buscaranse dez proxectos de emprendedores de Narón para tutorizalos e lograr que se convirtan en proxectos de éxito a través dos que se poida xerar emprego.

Cada participante traballará con tres titores especializados en diferentes áreas, que se dividirán en catro fases: identificación de oportunidades, desenvolvemento persoal, modelo de negocio e desenvolvemento comercial do proxecto e marco estratéxico do proxecto. Posteriormente haberá unha sesión de consultoría para consolidar os coñecementos adquiridos durante todo o proceso e validar no mercado a súa proposta e outra consultoría de imaxe comercial.

Ferreiro animou aos emprendedores e emprendedoras da cidade e tamén aos empresarios e empresarias a inscribirse neste programa “pensado para impulsar o emprendemento na nosa cidade, proporcionando unha serie de ferramentas axeitadas e adaptadas a proxectos concretos e promovendo a creación de emprego e o asentamento de novas empresas na cidade”.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.