O Concello de Narón inicia as obras para mellorar a accesibilidade nas vivendas de Mariña

O proxecto dotará de preferencia aos peóns sobre o paso dos vehículos, aínda que se mantendrán as plazas de aparcamento

O Concello de Narón iniciou as obras contempladas no proxecto de renovación de beirarrúas e pavimento nas Vivendas da Mariña, que se espera que remate en catro meses. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, supervisaron o avance dos traballos, que supoñerán un investimento, tal e como indicou Ferreiro, de 286.524 euros.

“O obxectivo desta actuación, que completa a unha primeira fase xa executada polo Concello nesta mesma zona, é habilitar un espazo público no que os peóns teñan preferencia sobre o tránsito de vehículos e, ao mesmo tempo a instalación dunha rede de pluviais”, explicou a alcaldesa.

Ferreiro destacou que se trata dunha obra que, unha vez finalizada, “mellorará considerablemente a accesibilidade nas rúas das Vivendas da Mariña, xa que se ampliará o ancho das beirarrúas e, ademais, elevarase a rasante do vial de circulación ata a cota das mesmas, de maneira que a través da construción dunha plataforma única garántese esa accesibilidade aos peóns, suprimindo a diferenza de cota anterior entre o vial e as beirarrúas”.  A intervención completarase coa plantación de árbores situadas fose do itinerario peonil e tamén coa colocación de mobiliario urbano como papeleiras, bancos ou fontes.

 

Salir de la versión móvil