O Concello de Narón xa licitou case un millón de euros en obras proxectadas para este ano

A reparación de viais, especialmente nos núcleos ruraris, suporá unha carta parte da inversión
panoramio-61305429

O Concello de Narón reanudou o proceso de contratación de varias obras proxectadas na zona urbana e rural do municipio valoradas, en conxunto en 952.285 euros. Unha parte importante destas partidas irá destinada ao arranxo viais. Procederase a reforzar a rodadura de camiños da zona rural, localizados nas parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, Sedes, San Mateo e Doso. Trátasde dunha intervención orzamentada en 241.402 euros e que se cofinanciará con cargo ao POS adicional 2019 da Deputación da Coruña. Con cargo a esta mesma actuación tamén se mellorará o acceso á estrada de Cedeira e viais como o de Cerrallón de Abaixo, Río Deza, A Chousa, en Piñeiros e o camiño de Calvario en Santa Icía, na zona urbana do municipio.

A ampliación da rede de saneamento nos lugares de Ferrerías e Prados é outra das actuacións sobre as que se reanuda o proceso de contratación. Neste caso trátase duns traballos que suporán un investimento de 554.236 euros, unha contía, “coa que se procederá a instalar un colector nesa zona para ofrecer o servizo a algo máis de 70 vivendas”, recordou a alcaldesa Marián Ferreiro. Noutro lote de obras, e a cargo da empresa Cosma, neste mesmo tramo procederase a instalar a rede de abastecemento, tal e como xa avanzou o Concello, para dotar do servizo a unhas sesenta vivendas localizadas nas inmediacións da estrada DP-5404.

As obras encamiñadas a mellorar a accesibilidade no termo municipal forman tamén parte das que se reanudará o proceso de contratación. Nesta área levaranse a cabo nos vindeiros meses os traballos de mellora de accesibilidade na rúa da Paz, na zona do Alto, e na rúa Mugardos, na Gándara. Estas actuacións suporán un desembolso de 54.449 e 102.198 euros, respectivamente, ás arcas locais.

“En canto remate o proceso de contratación comezarase a execución destas obras, que estarán rematadas antes de finais de ano e que se completarán con outros proxectos que se irán impulsando a través do goberno local”, apuntou a alcaldesa.

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.