O IES Terra de Trasancos acollerá mañá unha charla sobre “O xogo con apostas” dirixida ás familias

A pedagoga Anabel Mosquera será a encargada de informar aos pais de cómo actuar ante estas situacións
2019050100145525817

O salón de actos do IES Terra de Trasancos acollerá mañá, ás 17.30 horas, unha charla da pedagoga Anabel Mosquera sobre “O xogo con apostas”. A convocatoria diríxese a familias de alumnas e alumnos dos centros Jorge Juan, Ponte de Xuvia, Piñeiros, o CRA, O Feal e os institutos das Telleiras e Terra de Trasancos.

As apostas do século XXI: adolescentes e ludópatas; o poder da publicidade: non é un xogo, é un negocio; factores de protección e factores de risco; e evolución de xogo lúdico-xogo problemático-xogo adictivo son os temas que se abordarán no transcurso desta convocatoria. Así mesmo, daranse a coñecer os resultados do estudo sobre adolescentes e ludopatía realizado polo Concello de Narón a través das concellerías de Mocidade e Ensino en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

O goberno local tamén está levando a cabo o Proxecto de prevención de conductas adictivas sen consumo de substancias abordando o tema do xogo con apostas en obradoiros que se imparten con alumnado de terceiro curso da ESO e FPBI e outras sobre o uso de redes sociais con escolares de segundo curso da ESO.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.