O Padroado da Cultura de Narón reembolsará as entradas dos espectáculos cancelados

A entidade pública traballa para tratar de manter a maior parte da programación deste ano

O Padroado da Cultura de Narón anunciou hoxe está traballando para tratar de manter a celebración dos espectáculos culturais programados dende o citado organismo para este ano. No caso de que non se poidan manter na carteleira da programación a entidade devolverá aos espectadores que adquirisen as entradas o importe das mesmas do mesmo xeito no que se realizou o abono. As devolucións poderán solicitarse a partir de mañá, día 11, en horario de 9.30 a 13.30, solicitando cita previa a través do número de teléfono 981 102 897.

Na actualidade xa está confirmado o aprazamento de catro espectáculos: “Unha noite na praia”, con Xosé Antonio Touriñan e Carlos Blanco; “Señor Ruiseñor”, de Els Joglars; “Sé infiel y no mires con quien” da compañía Pentación Teatro e “Cold Play Kids”, de Tertulia Producción.

As datas nas que se celebrarán os espectáculos aprazados anunciaranse a medida que se vaian concretando, tal e como apuntou a alcaldesa, que avanzou que tamén se anunciarán outras novas propostas para a vindeira tempada no Pazo da Cultura.

Salir de la versión móvil