O Padroado da Cultura de Narón retomará a súa programación cultural en xullo

Cine ao aire libre, xogos populares e espectáculos teatrais inundarán as rúas e plazas do municipio no verán
naron-verde-30-6

O Padroado da Cultura de Narón retomará o vindeiro mes de xullo a súa programación cultural ao aire libre. Durante o período estival o Concello dará continuidade a programas que leváronse a cabo en anos anteriores, tanto na zona urbana como na rural. Serán propostas de balde en todos os casos e das que poderán gozar tanto as nenas e nenos como as persoas adultas.

A primeira das citas será a través do programa “Verde que te quero verde”, que alcanza este ano a cuarta edición e que se desenvolverá os catro domingos do vindeiro mes de xullo en prazas e parques da cidade e que, ao igual que en anteriores edicións incluirá un espectáculo para público xeral e unha actuación específica dirixida a público infantil.

Cada unha das propostas dominicais terá unha duración aproximada de media hora e contará cunha decoración escénica propia deste programa, co que os espazos públicos serán un referente donde socializar coas veciñas e veciños, un dos obxectivos desta iniciativa.

Nos meses de xullo e agosto tamén se retomará outra proposta cultural, a de “Cine de verán”. “Un día á semana programaremos unha proxección dunha película na zona urbana e rural, prestando este ano especial atención a estes últimos núcleos, para continuar impulsando a programación cultural nas parroquias da cidade”, apuntou a alcaldesa Marián Ferreiro.

Outra das propostas será a de “Xogos populares”, que se prevé levar a cabo a partir do mes de agosto tamén en espazos públicos da cidade. As nenas e nenos poderán gozar de diversos xogos como malabares, catro en liña, pesca de botellas e tamén de obradoiros guiados por monitores que lles aprenderán como realizar algúns elementos que poderán levar para as súas casas.

 

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.