O Pazo da Cultura de Narón acollerá este domingo o espectáculo de marionetas “Contos ao pé da cama”

O pequeno Nemo é o protagonista desta proposta de teatro de marionetas, e vivirá unha serie de soños cargados de humor, perigo, monstros e aventuras
Imagen de archivo de títeres
Imagen de archivo de títeres

O Pazo da Cultura acollerá este domingo, día 25, o espectáculo “Contos ao pé da cama”, da compañía Viravolta Títeres e dirixido a público familiar e infantil. A cita coas marionetas será ás 18.00 horas e as entradas están dispoñibles ata completar o aforo establecido polas nova Orde de 21 de outubro de 2020 da Xunta de Galicia con motivo da evolución da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19.

As entradas teñen un prezo de 9,50 euros para público xeral; de 6,65 para as tarifas reducidas (persoas abonadas, desempregadas e con carné xove ou de estudante, ata 25 anos) e de 5,50 para nenas e nenos.

O pequeno Nemo é o protagonista desta proposta de teatro de marionetas, e vivirá unha serie de soños cargados de humor, perigo, monstros e aventuras, incidindo todos eles nun problema común, o dos residuos e na importancia e necesidade de reciclar para que o lixo non dane o mar, a terra e as estrelas.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.