O Pazo da Cultura de Narón «redescubrirá» aos Beatles esta fin de semana

A axenda cultural do Padroado trae tamén un concerto do grupo Milladoiro e obra teatral “Deje su mensaje después de la señal”
maxresdefault (1)

A axenda cultural e de ocio do fin de semana vén cargada de actividades da man do Padroado da Cultural de Narón. Mañá venres día 2, o xa tradicional concerto de apertura das Escolas Tradicionais do Padroado da Cultura correrá a cargo este ano do grupo Milladoiro, que presentará no Pazo o seu último disco “Atlántico”. Será ás 20.30 horas.

O sábado día 3 o teatro será o protagonista coa obra “Deje su mensaje después de la señal”, que se interpretará tamén no pazo da Cultura ás 20.00 horas. A compañía Tanttaka Teatroa representará esta traxicomedia contemporánea centrada en catro mulleres que, incapaces de afrontar cara a cara os seus problemas se confesan a través dun contestador automático.

Xa o domingo 4 de outubro, ás 18,30 horas, volve a música ao pazo, esta vez da mán da compañía I Wanna Management, que traerá a Narón o seu espectáculo para público familiar “Rock en familia. Descubriendo a The Beatles”. Un musical que rescata as cancións de artistas e grupos moi recoñecidos na historia do rock e que nesta ocasión descubre a The Beatles, a banda recoñecida como a máis exitosa comercialmente e máis encomiada pola crítica na historia da música popular.

As entradas para todos estes espectáculos están dispoñibles e poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.