O Punto Limpo de Narón reabre ao público o próximo luns no seu horario habitual

O Concello tamén reactivará o servizo de recollida de enseres mediante cita previa
1588856895211

O Punto Limpo de Narón reabrirá o vindeiro luns, día 11 de maio, as súas instalacións localizadas no polígono de Río do Pozo. O servizo deixou de estar operativo tras decretarse o estado de alarma e reabrirá as súas portas á veciñanza. Tamén se retomará o servizo de recollida de enseres a partir da vindeira semana, cando se poderá comezar a chamar, tamén dende o luns, para organizar esas recollidas.

No caso do Punto Limpo de Río do Pozo, manterá o horario de apertura habitual, de luns a venres de 9.00 a 13.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 e os sábados de 9.00 a 14.00. Escombro, electrodomésticos, chatarra, mobiliario, madeira, plásticos e moitos outros residuos son algúns dos que se poden depositar nas citadas instalacións. No momento da recepción dos residuos seguiranse os protocolos establecidos pola Covid-19 en materia de seguridade e sanidade, tanto por parte do persoal das instalacións como dos usuarios e usuarias das mesmas.

No que respecta á recollida de voluminosos, haberá que chamar ao número de teléfono 981 391 074, donde recollerán dende o día 11 os datos para pasar a recoller os enseres a partir do día 19 deste mes. A recollida dos voluminosos realizarase progresivamente, polo que dende o Concello solicitouse á cidadanía “a máxima colaboración» para que non se sature o servizo por un exceso de demanda.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.