O Speis de Narón extingue un incendio nunha nave industrial de As Lagoas

Nas instalacións, dedicadas á distribución de bebidas, só se rexistraron danos materiais
Incendio As Lagoas 2

Os bombeiros do Speis de Narón desprazáronse esta mañá, sobre as 10.30 horas, ao polígono das Lagoas, tralo aviso dun particular sobre un posible incendio nunha nave industrial. Á sua chegada comprobaron que se trataba dun conato de incendio no interior dunha nave que se dedica á distribución de bebidas, donde se rexistraron algúns danos materiais.

Os profesionais do Speis extinguiron o foco de lume e a continuación procederon a ventilar as instalacións, moi afectadas polo fume. Na fase final realizaron unha medición de gases e tras comprobar que os valores eran seguros regresaron de novo ao parque de bombeiros do Polígono de Río do Pozo.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.