Os colexios de Narón rexistraron 277 solicitudes de praza en Educación Infantil para o próximo curso

O Concello ofertou 357 prazas para menores de 3 anos que comezan a súa nova etapa de escolarización
centro-de-educacion-infantil-EDAI-naron-3

Os colexios de Narón rexistraron un total de 277 solicitudes de admisión para cursar educación Infantil o vindeiro curso nos doce centros de ensino públicos e concertados da cidade. Así o anunciou a alcaldesa, Marián Ferreiro, que recordou que en conxunto se ofertaban 357 prazas para menores de 3 anos que comezan a súa escolarización na etapa de Infantil.

Os colexios da Solaina e A Gándara son os que contan cunha maior demanda, de 54 e 40 prazas, respectivamente, para alumnado de 3 anos. No resto de centros públicos as solicitudes de admisión foron de 21 prazas para o CPI do Feal; 20 para o CEIP Virxe do Mar; 18 para o CEIP Piñeiros e 15 para o CEIP Ponte de Xuvia. No referente ás escolas do Colexio Rural Agrupado de Narón (CRA), para o vindeiro curso contan cun total de 46 solicitudes, das que 25 se corresponden coa escola de Domirón; 17 coa do Val e as 4 restantes coa de Sedes.

A maiores, os tres centros de ensino concertados da cidade suman un total de 63 solicitudes de praza para menores de 3 anos, rexistrando a maior demanda o CPR Santiago Apóstol, con 25, seguido do CPR Ayala con 21 e o CPR Jorge Juan coas 17 restantes.

En canto ás prazas que se ofertaban, a cifra é de 25 para os colexios do Feal, Ponte de Xuvia, Piñeiros, Virxe do Mar, Ayala e Jorge Juan e de 50 no caso dos da Gándara, A Solaina e Santiago Apóstol. No referente ao CRA, en Domirón dispoñíase de 25 prazas, ao igual que no Val, e na escola de Sedes dun total de 7.

Á vista da situación, tan só no caso do CEIP da Solaina, con 54 solicitudes e 50 prazas para menores de 3 anos, é preciso realizar a pertinente baremación, tal e como apuntou Ferreiro.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.