O Concello manterá aberto dende o vindeiro luns, día 12, ata o 23 de xuño (incluído) o prazo para comunicar a realización de fogueiras de San Xoán e San Pedro en espazos privados e para solicitar autorización para realizalas en espazos públicos. Así o indicou o concelleiro en funcións de Seguridade Cidadá, Román Romero, que explicou que poderán realizar os trámites persoas físicas ou xurídicas promotoras da actividade, asociacións municipais e culturais.
As solicitudes poden presentarse a través da Sede Electrónica do Concello, onde está dispoñible a instancia pertinente, ou tamén no Rexistro xeral do Concello achegando a mesma instancia cumplimentada e coa documentación requerida para tramitar a petición. Na instancia, a maiores dos datos persoais do solicitante e representación é preciso indicar o espazo no que se realizará (público ou privado) e a data e tamén a localización da fogueira e unha estimación máxima das persoas que estarán presentes durante a lumeirada.
No caso de Valdoviño, a veciñanza ten que informar ao Concello antes das 12:00 do día 22 de xuño para San Xoán e antes das 12:00 do día 27 de xuño para San Pedro. En calquera caso, recorda que as comunicacións deben ser para fogaradas tradicionais, nunca para queimadas. No caso de queimadas agrícolas e queimadas de restos forestais, é necesario comunicar e solicitar autorización respectivamente á Xunta de Galicia.
No bando emitido pola Alcaldía, se recorda que, para a celebración de San Xoán e San Pedro, é necesario ter en conta as seguintes precaucións: Manter unha distancia de seguridade de 25 metros respecto de vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos, e áreas vexetais susceptibles de seren queimadas. Non se deben queimar residuos perigosos ou tóxicos, e a altura máxima da fogueira debe ser de 2 metros.
Antes de iniciar a luminaria, é necesario facer unha devasa mediante a eliminación manual ou mecánica do material combustible nunha franxa axeitada ao redor do perímetro da fogarada. Asimismo, cómpre dispoñer dos materiais e medios suficientes para controlar a fogueira debidamente. Non se debe realizar a luminaria se as condicións meteorolóxicas dificulten o seu control, especialmente polo vento, ou se a Consellería de Medio Rural suspende as queimadas nese día. Por último, é importante non abandonar o lugar da fogueira ata que esta estea totalmente apagada.