Persoal municipal de Narón acudiu a unha sesión formativa da Escola de Participación

Un dos obxectivos é coordinar aos diferentes departamentos municipais á hora de dar respostas ás demandas da cidadanía
Actividade formativa

O Concello acolleu onte unha sesión de formación interna impulsada a través da Escola de Participación e dirixida a persoal técnico municipal. A concelleira responsable da área de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que o obxectivo da convocatoria, á que acudiron as xefaturas dos diferentes departamentos municipais, foi “presentar a actividade da Escola para os vindeiros meses e tamén falar do marco normativo e do Regulamento de Participación Cidadá do Concello”.

García subliñou que a través destas xuntanzas “profundizamos no mellor xeito de coordinar os diferentes departamentos municipais á hora de dar respostas ás peticións que se formulan dende a cidadanía nos diferentes órganos do Regulamento de Participación, que reformamos este mesmo ano para facelo máis inclusivo”. A edil naronesa explicou sobre esta acción formativa que “é preciso que todas as persoas con responsabilidades de xestión municipal coñezan os obxectivos, elementos e o funcionamento da Escola de Participación, para así poder colaborar na mellora e no desenvolvemento dos procesos de participación cidadá establecidos pola normativa”.

Así mesmo, en canto a eses obxectivos, García explicou que están “dar a coñecer a equipa que estará á fronte da Escola de Participación de Narón e informar sobre o seu funcionamento, así como sensibilizar ao persoal sobre a importancia da implicación no fomento da participación cidadá e tamén recoller as necesidades que en determinado momento poidan xurdir das persoas implicadas para que poidan asumir as súas responsabilidades dentro da Escola”.

Na sesión celebrada onte ademais de coñecer o funcionamento da Escola os participantes repasaron a función dos Consellos Territoriais e tamén avanzaron no establecemento de procedementos para facilitar a resolución de peticións que a cidadanía poida formular ao Concello. “A finalidade deste traballo é continuar avanzando no proceso de democratización das institucións”, indicou García.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.