Sete asociacións sociais firman un convenio de colaboración co Concello de Narón

Mediante un orzamento de máis de 57.000 euros o municipio local axudará a estas institucións dirixidas a colectivos específicos
El Concello de NArón
El Concello de NArón

A alcaldesa de Narón asinou nos últimos días varios convenios de colaboración con entidades sociais e veciñais que traballan na cidade. A sinatura, debido ás restricións impostas en materia de prevención da Covid-19, realizáronse sen que os representantes das entidades se tivesen que desprazar ao Concello.

A suma total que a administración local destinará aos sete acordos rubricados é de 57.995 euros. As sete asociacións que  percibirán ditas achegas son a Asociación de Pais de nenos con problemas psicosociais -Aspaneps-, a Asociación de pais de persoas con trastorno de espectro autista -TEA, Aspanaes-, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra -AXF-, Confederación Galega de Persoas con discapacidade -Cogami-, Dignidad-Galicia, a Fundación Santo Hospital da Caridad e coa Asociación de Veciños Chafarís, do Alto.

Dende o concello aseguran que estes convenios ofrecerán á veciñanza unha serie de servizos e actividades, así como información e asesoramento, dende cada unha destas entidades e dirixidas a colectivos específicos.

En virtude ao convenio con Aspanaes ofrécese tamén información, asesoramento e atención nos centros de atención residencial e diurna ás persoas con trastorno autista e con cargo ao de Aspanemi continuarase desenvolvendo o proxecto de “Atención socioeducativa  Concello de Narón 2020”, dirixido a menores con necesidades de orientación e apoio no seu desenvolvemento psicosocial e educativo a través de catro áreas: comunicación e logopedia, atención educativa ao neno ou nena con necesidades específicas de aprendizaxe, grupo de apoio socioeducativo e orientación familiar.

A través do acordo coa Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra desenvolverase un programa de atención a persoas con discapacidade, centrado nas persoas xordas.

Con Cogami manterase un servizo para dar resposta ás demandas de atención especializada a persoas con discapacidade, con especial atención ao colectivo de risco da cidade, e con «Dignidad» un programa de atención de familias e persoas en situación de desamparo e risco social, dentro do programa do Centro de Recursos Solidarios.

A maiores, a través do convenio rubricado coa Fundación Santo Hospital da Caridad, continuará a disposición do municipio o albergue para acoller a persoas sen teito ou en situación de emerxencia por desafiuzamento, así como as instalacións hospitalarias para acollemento de maiores por indicación médica, en situación de saúde física ou psíquica determinada, para que o usen mentres se xestiona unha praza nunha residencia de maiores a través do Servizo Sociocomunitario municipal.

Por último, a través do convenio coa AVV Chafarís desenvolveranse nas instalacións da entidade programas municipais e actividades como ximnasia físico-terapéutica dirixidas á veciñanza.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.