Teatro no auditorio e clases de música ó aire libre no peche de curso das Escolas de Narón

A Escola de Formación de Actores e Actrices fará mostras de fin de curso ata o 13 de xuño e a de Música Moderna ofrecerá clases pola tarde
Imaxe de arquivo do Auditorio de Narón | CEDIDA
Imaxe de arquivo do Auditorio de Narón | CEDIDA

A Escola de Formación de Actores e Actrices de Narón desenvolverá dende hoxe ata o 13 de xuño as mostras de fin de curso nas instalacións do auditorio municipal. Así o recordou a concelleira de Cultura, Olga Ameneiro, que avanzou que esta tarde ás 20:30 horas representarán “Un pacto con S. Meisner e W. Layton”, da clase de adestramento actoral do curso Practicum.

Na xornada de mañá será o turno do alumnado de terceiro curso da Escola, concretamente o da asignatura de Teatro físico, que representará “Dinámicas de creación” e o mércores o alumnado de primeiro de Interpretación, con “Guerra de pallasas” e de segundo e terceiro de música e canto, con “O mesón de Thernadier”.

As seguintes propostas serán o mes de xuño, concretamente os días 7 e 13, co alumnado de segundo e terceiro de Montaxe, que representará “Dora Maar surrealista” e o do curso Practicum de Teatro musical, con “Terapias alternativas”. En todos os casos as representacións darán comezo ás 20:30 horas e a entrada será de balde.

O final de curso chega tamén á Escola de Música Moderna e esta semana o alumnado dará clases ao aire libre en horario de tarde na Praza da Gándara. Hoxe serán as de Guitarra de iniciación, con Marcos Mella, de 16.00 a 18.00 horas; as de Guitarra de perfeccionamento, de 19:30 a 20:30 horas, tamén con Marcos Mella e as de iniciación de Batería, de 20:30 a 21:30 horas, con Cristóbal Castro, tal e como avanzou o edil de Mocidade, Pablo Mauriz.

O vindeiro xoves, día 25, será o turno do alumnado de perfeccionamento de Piano, de 16:00 a 18:00 horas, e de iniciación de Piano, de 18:00 a 20:00 horas, en ambos casos con Cristina Teijeiro e finalmente o venres 26 a de perfeccionamento de Batería, de 16:00 a 18:00 horas, con Cristóbal Castro.

Dende o Consistorio animouse á cidadanía a acudir a estas convocatorias para coñecer de primeira man o traballo que se realiza tanto na Escola de Formación de Actores e Actrices como na Escola de Música Moderna de Narón, que rematarán en xuño a súa actividade.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.