Unha aparatosa saída de vía en Freixeiro moviliza aos bombeiros de Narón

Os ocupantes sufriron danos leves ao bater co seu vehículo contra unha farola
SPEIS Narón
SPEIS Narón

Preto das tres da madrugada deste domingo desde o CIAE 112 mobilizouse ao Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento ( Speis) de Narón por unha saída de vía en dirección á rotonda de Freixeiro, sen poder confirmar inicialmente se había persoas feridas ou atrapadas no interior do vehículo.

Os bombeiros do Speis desprazáronse ao lugar indicado e unha vez alí confirmaron a colisión dun turismo cun farol de iluminación pública, e que debido ao forte impacto sufría danos que afectaban á súa estabilidade.

Os ocupantes do vehículo non sufriron danos e os efectivos do Speis centraron o seu traballo en asegurar o turismo e o farol.

Por motivos de seguridade mobilizáronse aos servizos eléctricos municipais para control da enerxía e asegurar eléctricamente o punto, o que derivou na retirada total do farol por cuestións de seguridade. A intervención finalizou ás 5.00 horas.

Tamén acudiron ao lugar do accidente efectivos da Policía Local naronesa

Publicidad
Xeoparque Cabo Ortegal
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.