Veciños e familiares da muller desaparecida en Narón realizan unha batida por Castro para atopala

Iniciouse ás 09.30 deste xoves preto do pub Queens, a zona onde reside cos seus fillos
desaparecida2

Desde as 09.30 desta mañá familiares, amigos e veciños da muller desaparecida desde o martes na zona de Castro, en Narón, realizan unha batida para tratar de atopala polo entorno da súa vivienda. Zeltia Pazos, de 34 anos e con dous fillos, desapareceu este martes e desde entón a súa familia non ten coñecemento do seu paradeiro. A muller é de complexión delgada e 1,60 metros de estatura. Tamén se destaca na alerta de búsqueda que leva varios tatuaxes polo corpo e ten ollos azuis e pelo largo e castaño. Os familiares explicaron, ademáis, que a muller non ten coche propio para ir moi lonxe.

Trala denuncia da familia se activaron varios dispostivos de búsquedas nos que participaron tanto a Policía Nacional como a Policía Local de Narón por varias zonas do término municipal. Os investigadores están a recabar información entre o entorno máis próxima da familia e amigos para tratar de establecer algunha pista que os poña detrás do rastro da moza.

A familia agradece que se aporte calquera información que se poida ter ao respecto e que se difunda nas redes a imaxe da muller para facilitar a súa búsqueda.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.