Xoan Gato súmase á campaña do socialista Jorge Ulla en Narón

O exalcalde intervirá en tres citas de campaña: o mércores 24, no local social de Santa Icía, e este xoves 25 de maio, no local social da Gándara, ademais do peche de campaña este venres 26 en Freixeiro

Xoan Gato, durante el acto en Piñeiros

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Narón, Jorge Ulla, celebrará tres eventos esta semana, entre eles o peche de campaña, nos que contará coa intervención do exalcalde Xoán Gato. “É un pracer contar nestas tres citas con Xoán Gato. Durante o seu goberno, Narón creceu e transformouse industrialmente, un crecemento que se paralizou completamente co actual Goberno”, sinala Ulla sobre o alcalde Narón entre 1985 e 2009.

Os actos nos que intervirá Xoán Gato serán este mércores, 24 de maio, no local social de Santa Icía ás 20.00; e este xoves, 25 de maio, no local social da Gándara ás 20.00. O exalcalde de Narón tamén estará presente no acto de peche de campaña, o venres 26 de maio ás 21.00 na praza de Álvaro Paradela.

Salir de la versión móvil