O pasado 31 de xullo o Grupo Amper comunicaba que Nervion Industries -a súa vertical industrial- resultaba adxudicataria do maior contrato de eólica mariña adxudicado ata o momento para levar a cabo a construción seriada de jackets, un total de 62 que irán dirixidos ao parque de Saint Brieuc.
A execución deste proxecto realizarase entre España e Francia, xa que no propio contrato inclúese unha parte de contenido local, polo que no porto francés de Brest produciranse compoñentes para 34 jackets, pouco máis da metade das estipuladas. O importe total para a execución directa do Grupo Amper é de 100,7 millóns de euros.
Experiencia na eólica mariña
Neste senso non é a primeira vez que o estaleiro de Fene enfróntase a unha construción de jackets, xa que a súa primeira experincia situouse en 2015, cando tivera que facerse cargo da posta en marcha de 29 jackets para o parque alemán de Wikinger. Nese caso Windar Renovables era o seu socio no contrato.
E tampouco será a primeira vez que Navantia e Nervion Industries traballen da man, xa que esta última foi subcontratada polo estaleiro tras o segundo acordo firmado en 2016 entre Navantia e Iberdrola, o cal buscaba poñer en pé 42 jackets que irían destinados ao parque eólico mariño de East Anglia One.