Neda destinará 67.000 euros aos autónomos e microempresas máis afectados pola pandemia

A contía das subvencións oscilará entre os 1.500 e 3.000 euros e poderán solicitarse ata o 25 de novembro
1197042Master
PUBLICIDAD

O Concello de Neda distribuirá un total de 67.048 euros en axudas ás persoas autónomas e microempresas do municipio para paliar o impacto económico e social ocasionado pola covid-19. As subvencións, destinadas tanto a colaborar nos gastos de adaptación dos locais á nova realidade como nos gastos correntes dos negocios, poden solicitarse ata o 25 de novembro.

Dos 276 autónomos/microempresas con sede en Neda, poderán acollerse ás axudas aqueles que se visen obrigados a pechar durante o confinamento, así como os que, a pesar de poder funcionar, visen reducida nun 75 % a súa facturación durante o segundo trimestre fiscal do 2020, en comparación co semestre anterior ao estado de alarma. E finalmente, tamén poderán optar as firmas que tiveron que acollerse a un ERTE.

A contía da axuda será de 1.500 euros para os traballadores por conta propia ou autónomos sen empregados ao seu cargo. No caso de microempresas e autónomos con traballadores a cargo serán maiores. Así, percibirán 2.000 euros se teñen un empregado, 2.500 euros (entre 2 e 5) e 3.000 euros (entre 6 e 9).

Estes fondos poderán destinarse, entre outras cuestións, ao acondicionamento dos negocios ás medidas de protección fronte á covid-19, á adquisición de produtos de limpeza e protección, ou a sufragar gastos correntes, dende arrendamentos a primas de seguros ou facturas de subministracións (auga, electricidade…)

Segundo figura nas bases que hoxe publica o BOP, tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria, cofinanciada pola Deputación de A Coruña no marco do Plan de Emprego Local PEL-Reactiva, realizarase de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Neda. O prazo expirará o 25 de novembro ás 14.00 horas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.