Neda distribúe máis de 1.600 máscaras entre os diferentes centros educativos municipais

Dende a administración local queren facer todo o posible para tentar evitar que a volta ás aulas sexa un problema nesta nova segunda onda de contaxios
MASCARILLAS_NEDA

Co inminente inicio do curso escolar e en plena segunda onda de contaxios, o Concello de Neda está a distribuír estes días entre os centros educativos do municipio máis de 1.600 máscaras, un material de prevención fronte á Covid-19 que completa con termómetros para o control de temperatura.

O obxectivo é que colexios e institutos conten con máscaras de reserva nas aulas, de modo que en caso de necesidade os alumnos e alumnas poidan acceder a este material tan vital coa actual crise sanitaria. A maiores, tamén se están a entregar para o uso de docentes e persoal dos centros.

Así, e segundo as aulas, no CEIP de Maciñeira entregáronse 550 máscaras, no CEIP San Isidro, 500, e no IES Fernando Esquío, 600. A iniciativa súmase ao reparto realizado dende o inicio da pandemia entre establecementos con atención ao público, poboación máis vulnerable e veciñanza en xeral.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.