Neda instala unha nova sinalización para evitar o paso dos vehículos de gran tonelaxe

Dende o consistorio pretenden evitar os danos en varias pistas e camiños municipais provocados polo constante tráfico de vehículos cun peso superior ás 12 toneladas
12toneladas

O Concello de Neda vén de concluír estes días a instalación dunha nova sinalización en varias das súas pistas e camiños de titularidade municipal. Ditas sinais van dirixidas a todos os vehículos de gran tonelaxe que superen as 12 toneladas.

Ditas restriccións ao tráfico pesado supoñen unha limitación, coa que dende o consistorio preténdese evitar os danos no firme dos viais provocados nos últimos tempos. Estas alteracións están provocadas polo tránsito constante de vehículos de gran tonelaxe, polo que a partir destas novas sinais buscarase poñer solución a esta problemática

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.