Neda leva a cabo labores de mantemento e limpeza da canle hidráulica da localidade

Invertíronse 10.000 euros para retirar un total de cinco quilómetros de maleza orixinada na infraestrutura, o que impedía un correcto abastecemento de auga
Canal auga Neda 3

O Concello de Neda acaba de completar os traballos de mantemento da canle que nutre de auga á localidade. Nas últimas semanas, o goberno municipal impulsaba esta intervención orientada a eliminar a abundante vexetación que tapaba a condución, optimizando así a conservación desta infraestrutura hidráulica clave.

O proxecto permitiu retirar a maleza, herba e arbustos que cubrían a canle pola que discorre a auga que acaba nos respectivos domicilios da veciñanza local. Unha roza de envergadura pois, tal e como apunta o executivo municipal, a actuación estendeuse ao longo duns cinco quilómetros.

Nestes traballos de limpeza e posta a punto, que se suman aos emprendidos polo Concello para ampliar a rede de abastecemento con novas captacións, investíronse ao redor de 10.000 euros.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.